O CONCELLO DE CERVO LEVA AOS COLEXIOS A OBRA DE SENSIBILIZACIÓN OS SOÑOS DE ADELINA POLO 25N
A alcaldesa Dolores García Caramés acompañou ao alumnado de quinto e sexto neste acto que aposta pola educación en valores, a sensibilización temperá e a prevención da violencia de xénero.
Este mediodía gozamos da representación da obra “Os Soños de Adelina” no CEIP Península da Paz, dentro da programación do 25N.
A alcaldesa Dolores García Caramés acompañou ao alumnado de quinto e sexto neste acto que aposta pola educación en valores, a sensibilización temperá e a prevención da violencia de xénero.
Unha vez máis, o Grupo de Teatro A Mariña estivo xenial, ofrecendo unha posta en escena chea de emoción e reflexión pensada especialmente para chegar ao público máis novo.
O noso agradecemento ao centro educativo pola súa implicación e á Asociación Saúde Mental A Mariña, porque o seu traballo e colaboración son fundamentais para avanzar nun labor pedagóxico que nos axude a identificar, comprender e combater esta realidade.
A educación é clave para construír unha sociedade libre de violencias. Actividades como esta favorecen a toma de conciencia, o pensamento crítico e a empatía entre o alumnado, sementando o compromiso desde as idades máis temperás.
Lembramos que mañá, ás 12:30 h, a obra representarase no CEIP de Cervo.