O CONCELLO DE CERVO SUMA UNHA NOVA CENTENARIA: PARABÉNS MARÍA ADELA
Este sábado queremos felicitar con todo o agarimo a María Adela Rouco Basanta, veciña de Viladesuso, que este día cumpre nada menos que un século.
Hoxe celebramos 100 anos de vida!
Este sábado queremos felicitar con todo o agarimo a María Adela Rouco Basanta, veciña de Viladesuso, que este día cumpre nada menos que un século.
María Adela celebrou esta data tan especial acompañada dos seus 4 fillos, 5 netos e 2 bisnetos, nun xantar familiar cheo de emoción e cariño.
Mantense vital, activa e totalmente autónoma, cun humor envexable que contaxia a todos os que a rodean.
Apaixonada da cociña, continúa gozando de estar entre os fogóns e de preparar un bo cocido, do que é mestra indiscutible.
Ata o restaurante onde estaban de celebración, achegouse a alcaldesa, Dolores García Caramés, para entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza e trasladarlle os máis agarimosos parabéns polo seu centenario. Moitas felicidades, María Adela!
Por moitos anos máis cheos de saúde e boas vivencias.