O CONCELLO DE CERVO TEN EN MARCHA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA CERVO MADRUGA FAVORECENDO A CONCILIACIÓN DAS FAMILIAS NAS PRIMEIRAS HORAS DO DÍA
A iniciativa é gratuíta e conta coa colaboración das ANPAS dos dous colexios da localidade
O servizo municipal comezou coincidindo co inicio do curso escolar
As familias dispoñen de dúas opcións horarias: de 7:30 a 8:30 horas (con almorzo), ou de 8:30 a 9:30 horas no CEIP Península da Paz e ata as 9:35 horas no CEIP de Cervo
O Concello de Cervo ten en marcha unha nova edición do programa “Cervo Madruga”, unha iniciativa municipal en colaboración coas ANPAS dos centros educativos que facilita a conciliación da vida laboral e familiar das familias cervenses.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, quixo compartir unha xornada do servizo coas crianzas e co equipo de monitores, cando se cumple algo máis dun mes do inicio da iniciativa, destacando que “é unha satisfacción comprobar de primeira man o bo funcionamento deste programa, que naceu froito dunha demanda da comunidade educativa e que tivo unha moi boa acollida dende o primeiro intre”.
A rexedora puxo de manifesto ademais que “a colaboración coas ANPAS está a ser fundamental para que o programa funcione de xeito eficaz e adaptado ás necesidades reais de cada centro, ofrecendo unha atención temperá de calidade ás crianzas antes do inicio das clases, nesas primeiras horas cando moitas familias teñen que incorporarse aos seus postos de traballo”.