VISITA DA ALCALDESA ÁS PERSOAS USUARIAS DE SAÚDE MENTAL DURANTE O CURSO DE NATACIÓN

A rexedora puido coñecer de primeira man a actividade acuática que o colectivo desenvolve semanalmente, unha iniciativa que contribúe ao benestar físico e emocional das persoas participantes, ao tempo que promove a inclusión, a convivencia e a saúde en comunidade 

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse esta mañá ata a piscina municipal para compartir uns intres coas persoas usuarias da Asociación Saúde Mental, que, como cada mércores, fan uso destas instalacións.

A rexedora puido coñecer de primeira man a actividade acuática que o colectivo desenvolve semanalmente, unha iniciativa que contribúe ao benestar físico e emocional das persoas participantes, ao tempo que promove a inclusión, a convivencia e a saúde en comunidade 

Dolores García Caramés destacou “a importancia de poñer os servizos municipais ao alcance das entidades que realizan un labor social tan necesario” e agradeceu “o traballo da Asociación Saúde Mental, así como do persoal da piscina, que colabora activamente para que esta actividade poida levarse a cabo cada semana”.

A alcaldesa subliñou tamén que é un auténtico pracer ver a piscina chea de vida, risas e movemento, un espazo que se enche de enerxía positiva e compañeirismo cada mércores.

O Concello de Cervo reafirma así o seu compromiso coa promoción da saúde, a integración social e a mellora da calidade de vida de toda a veciñanza.