O CONCELLO DE CERVO PROGRAMA UN TALLER DE RECICLAXE NO MARCO DE COIDA CERVO

O taller tivo lugar na Casa do Mar e contou coa partiticipación da alcaldesa e da edil de Medio Ambiente

En Coida Cervo este mércores desfrutamos dun divertido e didáctico taller de manualidades con material de refugallo.

Tiramos un pouquiño de imaxinación e démoslle unha nova vida a moitos elementos que forman parte do noso día a día, e que moitas veces acabamos desbotando.

Graciñas a todos/as os/as que vos animastes a participar.