O novo espazo urbano de 6.470 metros cadrados está deseñado para o uso e disfrute dos veciños que poderán desenvolver nel distintas actividades de ocio e esparexemento, así como outras ao aire libre como o mercado semanal.
ESTA SEMANA DAN COMEZO OS TRABALLOS DE CONSTRUCIÓN DA NOVA PRAZA PÚBLICA DOS CAMPOS EN SAN CIPRIÁN

O Grupo de Goberno deu a coñecer unhas imaxes que describen como será a nova praza, na que se multiplican as zonas arboradas, os espazos de repouso, e as prazas de aparcamento.
Destacan pola súa importancia na futura praza as áreas destinadas a albergar actividades deportivas e unha dúas novas zonas de xogos infantís.
O Concello de Cervo amosa a súa satisfacción polo inicio das obras para a recuperación dun espazo que será cen por cen público, e cen por cen libre de edificacións

Presentación das infografías
Nota de prensa completa