O CONCELLO DE CERVO CONVIDA A VECIÑOS E VISITANTES A GOZAR DO SAN XOÁN DE SAN CIPRIÁN DA MAN DO GRUPO A REBOLAXE
A cita será o 23 de xuño, a partir das 19:30 horas, con música, xogos populares, sorteos, racións de chourizo, panceta e salchichas e unha gran fogueira
- Como broche de ouro está programado o concerto de “mi rollo es el rock”

O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a gozar do San Xoán de San Ciprián da man do Grupo A Rebolaxe.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e unha representación do Grupo A Rebolaxe presentaron o evento que se celebrará o sábado, 23 de xuño, no aparcadoiro do estanco, fronte á praia do Torno.
A xornada comezará ás 19:30 horas, con música, xogos populares para nenos e maiores, pancetada, salchichada e chourizada, sorteo dunha cesta de produtos típicos e unha gran fogueira na praia do Torno; ademais doutras sorpresas.
O concerto de “mi rollo es el rock” porá o broche de ouro a partir da 1:00 horas. Non faltedes!