VILLARES: 'AS OBRAS QUE VIMOS DE INICIAR NA RÚA DA FONTE DE SAN ROQUE CONTRIBUIRÁN A MELLORAR A IMAXE DESTA ZONA TAN SENLLEIRA DE CERVO, MOI FRECUENTADA POLA VECIÑANZA'
A actuación contempla a renovación da rede de sumidoiros; aproveitando tamén para independizar a recollida de augas residuais e pluviais; mellorando ao tempo o alumeado público e renovando a pavimentación, co fin de “humanizar toda a contorna”
- A obra proposta polo Concello de Cervo conta cun orzamento global de 117.000 euros, financiados ao 50% polo ente local e a Xunta de GaliciaO rexedor quixo agradecer á Administración Autonómica esta importante colaboración “que nos permite levar a cabo un proxecto moi importante para Cervo”
