O CONCELLO DE CERVO ACONDICIONA OS LOCAIS SOCIAIS MUNICIPAIS PARA FACELOS MÁIS CONFORTABLES PARA AS PERSOAS USUARIAS

O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Obras, Plácido Pérez, supervisaron os traballos de mellora que se veñen de acometer no Ecomuseo de Cervo

  • En concreto, delimitáronse locais coa instalación de novas portas facendo as estancias máis acolledoras
  • Na actualidade neste edificio impártense clases das Escolas Deportivas, obradoiros de memoria e é o escenario de diferentes exposicións ao longo do ano