O CONCELLO DE CERVO ANIMA AOS VECIÑOS A REVITALIZAR AS SÚAS FINCAS COA PLANTACIÓN DE ÁRBORES FROITEIRAS
Xa está aberto o prazo para participar no pedido conxunto tramitado pola delegación de Medio Ambiente

O Concello de Cervo anima á veciñanza a participar no pedido conxunto de árbores froiteiras que tramita cada ano a delegación de Medio Ambiente, que dirixe Mali Méndez, “co obxectivo de revitalizar as fincas, para que sexan cada vez máis produtivas”.
Méndez recorda que os impresos estarán a disposición das persoas interesadas ata o 20 de febreiro, no Rexistro do Concello de Cervo.