O CONCELLO DE CERVO ULTIMA A TRAMITACIÓN DUNS ORZAMENTOS PARA O ANO 2021 'REALISTAS E PRUDENTES' CONDICIONADOS Á CONXUNTURA ACTUAL DA CRISE SANITARIA

As cifras globais ascenden a 6.445.820,17 euros; un 3,04% menos que no anterior exercicio

A Administración local segue a facer unha decidida aposta pola xestión pública “sendo o municipio de Galicia que máis servizos exerce de xeito directo”

A edil de Facenda, Dolores García Caramés, presentou hoxe un avance dos orzamentos previstos para o este ano 2021, cuxa tramitación se está a ultimar, e que serán aprobados no vindeiro pleno ordinario que se celebrará o próximo xoves, 4 de febreiro.

Caramés explicou que a partida para este exercicio ascenderá a 6.445.820,17 euros, unha cifra que se reduce nun 3,04% con respecto ao exercicio anterior –concretamente en 201.867,60 euros- “froito da actual conxuntura que vivimos marcada por unha pandemia de alcance mundial, unha situación inédita que tamén afecta ás arcas municipais”.

Os orzamentos que imos presentar son polo tanto “realistas; e responden aos principios da prudencia e a da responsabilidade”; co obxectivo prioritario  de seguir a ofrecer uns servizos públicos de calidade para a nosa veciñanza; cumprindo os principios da eficiencia e da eficacia na xestión do gasto público. Son unhas contas    -engade- que amosan a aposta decida deste equipo de goberno pola estabilidade e a sustentabilidade financeira, e nomeadamente polos servizos públicos; “porque estes orzamentos reflicten de novo a indubidable aposta deste Concello pola xestión directa, “que sitúa a Cervo como o municipio de Galicia con máis servizos públicos” (saneamento, recollida de lixo, abastecemento de auga, escola infantil, piscina municipal, Axuda no Fogar, Dependencia, entre outros).

No orzamento para este ano 2021 seguen a ter especial relevancia as políticas de fomento do emprego “cuxo exemplo máis significativo son as bolsas de formación remuneradas para a mocidade”, para as que se destinan 140.000 euros do orzamento municipal.

Seguimos, así mesmo, -precisa- estando ao carón do tecido social do noso municipio, ofrecendo axudas directas  ás diferentes asociacións e clubs deportivos que son fundamentais no día a día do noso Concello “sabedores de que están a ser tamén tempos moi difíciles para o desenvolvemento da súa actividade que se está a ver tremendamente condicionada pola pandemia”. Do mesmo xeito, seguiremos apoiando á comunidade educativa con axudas que volvemos dispoñer para o transporte do alumnado, para as familias, para os centros educativos e as ANPAS.

Os Servizos Sociais ocupan ademais un lugar prioritario na estrutura dos novos orzamentos; para os que se reservan un ano máis unha importante contía  tanto para a súa xestión directa como para seguir a colaborar coas diferentes asociacións e colectivos.

 

 

 

 

 

 

 

 

  

Orzamento Gastos

 

 

2021

A) OPERACIÓNS CORRENTES.

5.705.112,82 €

I. GASTOS DE PERSOAL

3.107.519,62 €

II. GASTOS BENS CORRENTES E SERV.

2.245.493,20 €

III. XUROS.

7.000,00 €

IV. TRANSFERENZAS CORRENTES.

345.100,00 €

V. FONDO CONTINXENCIA

0,00 €

B) OPERACIÓNS DE CAPITAL.

740.707,35 €

VI. INVESTIMENTOS REAIS.

474.545,65 €

VII. TRANSFERENZAS DE CAPITAL

0,00 €

VIII. ACTIVOS FINANCIEIROS

0,00 €

IX.  PASIVOS FINANCIEIROS

266.161,70 €

TOTAL

6.445.820,17 €

 

 

 

 

 

 

Orzamento de Ingresos.

 

  
 

2021

A) OPERACIÓNS CORRENTES.

6.430.034,17 €

1. IMPOSTOS DIRECTOS.

2.658.768,99 €

2. IMPOSTOS INDIRECTOS.

14.791,24 €

3. TAXAS E OUTROS INGRESOS

2.219.392,44 €

4. TRANSFERENCIAS CORRIENTES

1.532.175,30 €

5. INGRESOS PATRIMONIAIS

4.906,20 €

B) OPERACIÓNS DE CAPITAL

15.786,00 €

6. ENAXENACIÓN INVERSIONS REAIS

0,00 €

7. TRANSFERENCIAS DE CAPITAL

15.786,00 €

8. ACTIVOS FINANCIEIROS

0,00 €

9. PASIVOS FINANCIEROS

0,00 €

TOTAL

6.445.820,17 €