O PRÓXIMO MÉRCORES 6 DE OUTUBRO DAN COMEZO AS XORNADAS SOBRE O ALZHEIMER ORGANIZADAS POLO CONCELLO DE CERVO, NAS QUE COLABORA A ASOCIACIÓN DE XUBILADOS DE TERRAMAR

 O PRÓXIMO MÉRCORES 6 DE OUTUBRO DAN COMEZO AS XORNADAS SOBRE O ALZHEIMER ORGANIZADAS POLO CONCELLO DE CERVO, NAS QUE COLABORA A ASOCIACIÓN DE XUBILADOS DE TERRAMAR

 

  • As xornadas levaranse a cabo os mércores na Casa do Mar de San Ciprián e os xoves no Ecomuseo de Cervo, sempre en horario de 18h a 19h
  • O programa celebrarase os meses de outubro, novembro e decembro.

Cervo, 03 de outubro de 2021. O Concello de Cervo, a través da delegación de servicios sociais e en colaboración coa Asociación de xubilados Terramar,  organiza unhas xornadas sobre o alzheimer e o envellecemento activo.

As xornadas, impartidas pola terapeuta Reyes Quelle Fra, darán comezo o próximo mércores 6 de outubro. Serán os mércores de 18h a 19h na Casa do Mar de San Ciprián e os xoves de 18h a 19h no Ecomuseo de Cervo. Os grupos, debido ás restricións de aforo terán un máximo de 10 persoas.

As xornadas gozarán de actividades interactivas e dinámicas na que se farán exercicios con música, estiramentos, exercicios de relaxación, etc. nas que tamén se incluirán novas tecnoloxías para a activación neurocognitiva.

As inscricións xa están abertas. Pódese anotar presencialmente na Casa da Cultura ou a través dos teléfonos  982595157 – Casa da Cultura - ou 982557777 - Departamento de Servicios Sociais do Concello de Cervo-.

Durante estes tres meses estarán a disposición de todos e todas dúas caixas de correos – unha na Casa da Cultura e outro no Concello de Cervo – nas que presentar dúbidas sobre o alzheimer que serán respondidas ao longo das xornadas.