O CONCELLO DE CERVO INAUGURA ESTE MARTES O PROGRAMA 'A CAIXA DE MÚSICA', QUE TRAERÁ A CERVO DIVERSOS CONCERTOS DE BANDAS E GRUPOS DE MÚSICA CLÁSICA

 O CONCELLO DE CERVO INAUGURA ESTE MARTES O PROGRAMA “A CAIXA DE MÚSICA”, QUE TRAERÁ A CERVO DIVERSOS CONCERTOS DE BANDAS E GRUPOS DE MÚSICA CLÁSICA

 

§  O programa comeza este martes co concerto da Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro na Praza do Souto de Cervo

§  “A caixa de música” pretende abranguer diferentes estilos musicais clásicos e acoller diferentes bandas de música da contorna

 

Cervo, 09 de outubro de 2021. O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, presenta o programa “A Caixa de música”, un ciclo de concertos de música clásica e de bandas que terán lugar en diferentes puntos do Concello nos vindeiros meses.

 

Este programa terá a súa apertura este martes na Praza do Souto co concerto da Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro ás 12:30H.

 

A Caixa de música pretende ser un programa dirixido a toda a familia polo que os concertos serán en fins de semana ou festivos á hora do mediodía.

 

Segundo a Concelleira de Cultura Dolores García Caramés “é un xeito de complementar o diverso abano de oferta musical que durante todo o ano levamos a cabo no noso Concello e deste xeito tamén achegamos á nosa veciñanza estilos de música para todos os gustos”.

 

Engade tamén que “se trata dun programa que pretende dinamizar a programación cultural de aquí a final de ano e que completa o programa de concertos que xa foi presentado no día de onte, “O son do nordeste” que traerá a Cervo grupos de música de diferentes estilos nos vindeiros meses.