VOLVE O SANCI TAPEANDO, A PROPOSTA DA HOSTALERÍA DE SAN CIPRIÁN PARA TODOS OS XOVES

sanci tapeando

A iniciativa gastronómica regresa este próximo xoves, 15 de outubro, coa participación de sete establecementos locais e coa colaboración do Concello de Cervo.

A hostalería de San Ciprián volve poñerse en modo tapeo coa iniciativa Sanci Tapeando unha proposta que ofrece cada xoves unha oportunidade para gozar da gastronomía local a un prezo accesible e nun ambiente de proximidade.

A iniciativa, que conta coa colaboración do Concello de Cervo, reúne aos establecementos Cervecería A Penúltima, Cervecería Las Titas, Bar Maruxaina, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, Bodega De Ana e Bar La Habana.

Durante todos os xoves, cada local ofrece unha tapa diferente e elaborada, ao prezo único de 3 euros. Ademais, as persoas que participen na ruta gastronómica poderán optar ao sorteo mensual presencial, que irá rotando polos 7 locais participantes.

TAPAS DESTE XOVES, 15 DE OUTUBRO

• Cervecería A Penúltima: falso risotto de cogomelos.

• Cervecería Las Titas: nachos “Las Titas”.

• Bar Maruxaina: solombo á pementa.

• Bar O Faro: montadiño de polo crispy con salsa de curry e mango.

• Terraza O Noso Lar: hamburguesa de tenreira con cebola caramelizada e queixo San Simón.

• Bodega De Ana: albóndegas mariñeiras.

• Bar La Habana: tambor de plátano con carne.

As persoas interesadas poden seguir semana a semana todas as tapas e novidades da ruta gastronómica a través da conta de Facebook e instagram Sanci Tapeando.

Desde o Concello de Cervo anímase á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta iniciativa, que contribúe a dinamizar a hostalería local e a poñer en valor a variedade e a calidade da súa oferta gastronómica.