PEDIMOS A COLABORACIÓN E A RESPONSABILIDADE DE TODOS NO PARQUE INFANTIL DA PRAZA DOS CAMPOS
O parque infantil da Praza dos Campos está actualmente en obras e, nestes días, estase a executar unha das fases máis delicadas dos traballos: a instalación do pavimento de caucho.
O parque infantil da Praza dos Campos está actualmente en obras e, nestes días, estase a executar unha das fases máis delicadas dos traballos: a instalación do pavimento de caucho.
A empresa encargada da actuación detectou que se saltou o valado de protección para acceder ao recinto, unha situación que nos preocupa especialmente polo risco que supón entrar nunha zona de obras e pola posibilidade de danar uns traballos que necesitan tempo e unhas condicións adecuadas para a súa correcta execución.
Desde o Concello de Cervo pedimos a colaboración e a responsabilidade de todos para respectar o peche e non acceder ao recinto ata que as obras estean rematadas e o parque poida abrirse con todas as garantías de seguridade.
Non é só unha cuestión de respectar as obras, senón tamén de seguridade. Acceder a unha zona acoutada pode provocar accidentes e comprometer o resultado dunha actuación que está pensada para o desfrute de toda a veciñanza.
O parque é de todos e para todos. Coidalo, respectar os traballos e cumprir as medidas de seguridade é responsabilidade de todos nós.
Grazas pola vosa colaboración e por axudarnos a que este novo espazo infantil estea listo canto antes e nas mellores condicións para que os máis pequenos poidan desfrutalo con seguridade.