A TERCEIRA ETAPA DO CAMIÑO DO MAR ARRINCOU ESTE DOMINGO DE CERVO
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, recibiu os participantes na saída, ante a Sala Cultural Xosé Vizoso, no edificio das Carboeiras, e desexoulles un moi bo camiño, tamén os acompañou o alcalde de xove, Demetrio Salgueiro.
Sargadelos foi este domingo o punto de partida da terceira etapa do Camiño do Mar, que uniu Cervo e Xove nunha nova xornada para gozar do noso patrimonio, das nosas paisaxes e da riqueza do territorio.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, recibiu os participantes na saída, ante a Sala Cultural Xosé Vizoso, no edificio das Carboeiras, e desexoulles un moi bo camiño, tamén os acompañou o alcalde de xove, Demetrio Salgueiro.
A xornada ten, ademais, un significado especial para Cervo, xa que a saída se realizou desde Sargadelos, onde o Concello vén de ceder á Asociación Amigos do Camiño do Mar un espazo no edificio das Carboeiras para establecer a súa sede e continuar impulsando a promoción desta ruta xacobea.
Desde o Concello de Cervo seguimos apoiando o Camiño do Mar como unha oportunidade para dar a coñecer o noso municipio, dinamizar o territorio e compartir todo o que temos de noso.
Bo camiño a todas as persoas participantes!