29/06/2016. O Concello presentará novo material de promoción turística mañá, mércores, na Casa da Cultura de San Ciprián.
O Concello de Cervo presentará novo material de promoción turística do municipio nun acto que se celebrará mañá, mércores, ás 19:30 horas na Casa da Cultura de San Ciprián.
A concelleira de Turismo, Manuela Méndez Álvarez, anunciou hoxe que este acto está dirixido fundamentalmente a hostaleiros e representantes de asociacións, pero é aberto ao público en xeral.
Manuela Méndez explicou que entre o material que será presentado hai un logotipo, folletos e vídeos sobre varias festas e dos principais atractivos turísticos do municipio.
Ademais da edil de Turismo no acto estarán o alcalde cervense, Alfonso Villares, e outros membros do goberno municipal.