A ALCALDESA PARTICIPOU NUNHA NOVA ENTREGA DE VIVENDA SOCIAL EN RÍO COBO

Recordamos que as persoas interesadas en optar a futuras adxudicacións destas vivendas xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) deberán estar inscritas no Rexistro Único de Demandantes,

A alcaldesa, Dolores García Caramés, participou este martes xunto ao delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, na entrega de chaves de dúas vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro da urbanización de Río Cobo.

Parabéns aos seu novos inquilinos!

Recordamos que as persoas interesadas en optar a futuras adxudicacións destas vivendas xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) deberán estar inscritas no Rexistro Único de Demandantes, trámite que poden realizar en calquera momento tanto de xeito presencial como a través da sede electrónica da Xunta. Os listados de candidatos determínanse mediante un sorteo ante notario entre todas as persoas inscritas.