A ALCALDESA SUPERVISOU NA SALA DE EMERXENCIAS DO ENCORO DE RÍO COBO A PROBA DE SEREAS

 Tratouse dun aviso acústico de carácter preventivo, incluído dentro dun procedemento de comprobación técnica destinado a verificar o correcto funcionamento dos sistemas de alerta.

Como sabedes, este xoves 25 de xuño, ás 11:30 horas, levouse a cabo unha proba das sereas de aviso á poboación no marco do Plan de Emerxencia de Presas (PEP), que afecta ao encoro de Río Cobo.

 Tratouse dun aviso acústico de carácter preventivo, incluído dentro dun procedemento de comprobación técnica destinado a verificar o correcto funcionamento dos sistemas de alerta.

Non existiu ningún motivo de alarma, xa que foi unha actuación previamente programada co fin de asegurar que, ante unha eventual situación de emerxencia, os mecanismos de aviso poidan activarse de forma rápida e eficaz. Durante o simulacro, a alcaldesa Dolores García Caramés estivo presente na sala de emerxencias do encoro, acompañada por Mario Antuña, responsable municipal de Emerxencias; por María José Nistal, do Servizo de Emerxencias da Xunta de Galicia en Lugo; así como por persoal responsable do encoro e de Alcoa, como entidade titular da infraestrutura.

 A rexedora quixo coñecer de primeira man o desenvolvemento da proba, supervisar o protocolo de actuación previsto no Plan de Emerxencia de Presas e comprobar a coordinación existente entre os distintos organismos e servizos implicados.

Unha acción orientada a reforzar a prevención, a seguridade cidadá e a información transparente á veciñanza.

Grazas a todas as persoas que colaboraron na organización do simulacro e á veciñanza pola súa comprensión e colaboración.