CERVO CONCILIA ORGANIZOU UN DIVERTIDO GOT TALENT ENTRE AS CRIANZAS
Cancións, bailes, actuacións e moitas sorpresas encheron a xornada de risas e aplausos. Unha actividade pensada para fomentar a expresión, a confianza e o compañeirismo, deixando voar a imaxinación das nosas crianzas.
Cervo Concilia tamén é talento!
As crianzas participantes no programa convertéronse en auténticas estrelas cun divertido “Got Talent” no que puideron amosar toda a súa creatividade, imaxinación e, sobre todo, pasar un bo rato xuntos.
Cancións, bailes, actuacións e moitas sorpresas encheron a xornada de risas e aplausos. Unha actividade pensada para fomentar a expresión, a confianza e o compañeirismo, deixando voar a imaxinación das nosas crianzas.
Parabéns a todas e todos os participantes!