CERVO CONMEMORA O 25N, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Desde o Concello de Cervo queremos agradecer a implicación de todas as persoas participantes e lembrar que esta loita non é só do 25 de novembro: é un compromiso de todos os días do ano tal e como apuntou a alcaldesa, Dolores García Caramés durante a lectura do manifesto institucional.
Esta tarde celebramos na Casa do Mar unha xornada de lembranza, reflexión e sensibilización para alzar a voz contra a violencia de xénero.
Un encontro no que contamos coa colaboración de Saúde Mental A Mariña coa representación da obra Os soños de Adelina, a cargo do Grupo de Teatro A Mariña, e coa participación da ANPA do CEIP Península da Paz, con Candela e Mara na lectura do manifesto, xunto a Rebeca de Saúde Mental e a Adeli, presidenta da aaociación Mujeres en Igualdad de Cervo, á que tamén agradecemos a colaboración
E, por suposto, grazas a todas as persoas que vos sumastes á iniciativa "Unha vela por ti" acendendo unha luz de apoio, esperanza e lembranza.
Desde o Concello de Cervo queremos agradecer a implicación de todas as persoas participantes e lembrar que esta loita non é só do 25 de novembro: é un compromiso de todos os días do ano tal e como apuntou a alcaldesa, Dolores García Caramés durante a lectura do manifesto institucional.
Pola igualdade, polo respecto e polo dereito de todas as mulleres a vivir en liberdade e sen medo.