CERVO ESTIVO PRESENTE NO 40 ANIVERSARIO DO HOSPITAL PÚBLICO DA MARIÑA
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, participou hoxe no acto central de conmemoración do 40 aniversario do Hospital Público da Mariña, unha cita moi especial para recoñecer catro décadas de servizo, compromiso e atención sanitaria á veciñanza da comarca.
Cervo presente no 40 aniversario do Hospital Público da Mariña
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, participou hoxe no acto central de conmemoración do 40 aniversario do Hospital Público da Mariña, unha cita moi especial para recoñecer catro décadas de servizo, compromiso e atención sanitaria á veciñanza da comarca.
O acto serviu tamén para render homenaxe aos profesionais que formaron parte da historia do centro e para poñer en valor o seu papel fundamental no desenvolvemento social e asistencial da Mariña.
Desde o Concello de Cervo queremos trasladar a nosa máis sincera felicitación a todas as persoas que, ao longo destes 40 anos, contribuíron a facer do Hospital Público da Mariña un referente de proximidade, profesionalidade e calidade asistencial.
Parabéns por estas catro décadas de historia!