Cursos de natación para todas as idades
CURSOS DE NATACIÓN PARA TODAS AS IDADES
Coincidindo coa planificación da temporada de outono-inverno, ao igual que en anos anteriores, a Concellería de Deportes do Concello de Cervo fai pública a súa oferta de cursos de natación para os usuarios desta infraestrutura deportiva (a única con dimensións olímpicas da provincia).
Serán impartidos polo persoal da propia piscina nos horarios habituais e abranguerán os seguintes niveis:
INFANTIL
- Nivel 1 (Cangrexo)
- Nivel 2 (Pato)
- Nivel 3 (Tartaruga)
- Nivel 4 (Foca)
- Nivel 5 (Delfín)
- Nivel 6 (Tiburón)
ADUTLOS
- Iniciación
- Perfeccionamento
- Aquagym
Así mesmo, a piscina de Lieiro ofrecerá tamén cursos de natación personalizados para persoas que están a preparar oposicións ou determinadas probas de natación. Os interesados en participar nalgunha destas actividades poden formalizar a súa inscrición e ampliar información nas instalacións da piscina, en Lieiro (Tfno: 982-594-512), onde se lles informará das condicións das mesmes, así como dos seus horarios.