INFORMACIÓN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE CERVO
INFORMACIÓN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE CERVO
Tal e como informa o edil de Deportes, David Rodríguez, e ante as novas medidas de prevención fronte ao COVID-19 que tan só permiten a realización de deporte individual ao aire libre e sempre usando máscara, desde o pasado mércores, 26 de xaneiro, permanecen pechados/as:
- A piscina municipal (salvo no caso excepcional do alumnado do Ciclo de Grao Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva cuxa formación práctica require do uso desta instalación)
- - ximnasio municipal
- - O Complexo Deportivo da Veiga
- - No caso das ESCOLAS DEPORTIVAS INFANTÍS, quedan suspendidas as clases presenciais, pero ofertaranse actividades dirixidas por vía telemática para que os pequenos poidan seguir facendo exercicio desde a casa
- - No caso das ESCOLAS DEPORTIVAS DE ADULTOS, quedan suspendidas as clases presenciais, pero ofreceranse sesións de pilates, zumba e ximnasia de mantemento a través dunha plataforma virtual para que as persoas usuarias poidan seguir coa súa rutina desde a casa cos seus monitores.
- Ante calquera dúbida contactar co teléfono 982 55 77 77 en horario de mañá
- Durante este tempo o Concello de Cervo non emitirá ningún recibo ás persoas usuarias destes servizos e instalacións municipais