Modificación do Regulamento de réxime interno da Escola Infantil Municipal de Cervo,
De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto de modificación do Regulamento de réxime interno da Escola Infantil Municipal de Cervo, solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de:
a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
c) Os obxectivos da norma.
d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.
Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos no seguinte cuestionario durante o prazo de 15 días a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa | Por criterios educativos, mellorar a estancia do neno e nena na Escola |
Necesidade e Oportunidade da súa aprobación | Establecer un período de vacacións dun mes enteiro en cada curso escolar así como modificar o procedemento para a admisión de solicitudes presentadas fóra de prazo |
Obxectivos da norma | Clarificar o período dun mes de vacacións dentro do período de setembro a agosto do curso escolar. A admisión de solicitudes presentadas fóra de prazo ata o último día do mes de maio e o procedemento excepcional para a tramitación de solicitudes presentadas en calquera período. |
Posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias | Resulta necesario aprobar unha modificación do Regulamento nos artigos 9º e 14º |
O alcalde,
Alfonso Villares Bermúdez
DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE