O ALCALDE DE CERVO, ALFONSO VILLARES, RECIBE A ÁNGEL MANUEL HERNÁNDEZ, POLICÍA FERIDO NOS DISTURBIOS DE BARCELONA
O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, recibiron este mediodía no Concello a Ángel Manuel Hernández, o policía de Cervo que resultou ferido nos disturbios de Barcelona, o pasado 18 de outubro; e que agora se recupera na casa familiar en Ríocobo.
No encontro, no que estivo acompañado polo seu pai, Ángel, recordaron o seu pasado como traballador deste Concello -no GRUMIR e como socorrista-; e como mostra de cariño, entregáronlle un prato de cerámica de Sargadelos.
Tal e como precisou Villares 'alegrounos ver que Ángel Manuel estase recuperando pouco a pouco desas feridas que sufriu no brazo e da posterior intervención cirúrxica pola que tivo que pasar, e que mellor sitio para facelo que rodeado dos seus, na casa'.
O rexedor quixo amosarlle o seu agradecemento extensible, a todas as forzas e corpos de seguridade, pola solidariedade amosada e por velar sempre pola convivencia pacífica entre todos os cidadáns.
