O CONCELLO DE CERVO ACOLLERÁ A MOSTRA FOTOGRÁFICA PHOTO XUNTANZA E TAMÉN UN CURSO GRATUÍTO DE FOTOGRAFÍA NO MES DE MAIO, NA SALA DAS CARBOEIRAS EN SARGADELOS

Bautizada como Photo Xuntanza, trátase dunha exposición colectiva na que participan catro asociacións e o recoñecido fotógrafo Vicente Ansola

A inauguración está prevista para o domingo 19 de maio ás 18:30 horas na sala das Caraboeiras, en Sargadelos

Como actividade complementaria da man da asociación Os Negativos de Viveiro, vaise impartir un curso gratuíto de fotografía o 25 de maio e o 1 de xuño, en horario de tarde

As persoas interesadas poden recibir máis información e inscribirse neste taller nos teléfonos 649 03 73 00 (Ocaña) ou 647 56 83 83 (Paco)

Na mostra colectiva participan: 

  • Fotonavia é unha asociación creada en Navia (Asturias)

  • Os Potiños é un grupo de Carballiño (Ourense)

  • Grupo Asemeya de Xixón (Asturias)

  • Asociación Os Negativos de Viveiro (Lugo) 

  • Vicente Ansola, como convidado especial. O prestixioso fotógrafo cántabro posúe varios premios de carácter internacional.

Un conxunto de 70 fotos forman esta mostra de temática e técnica e moi variada que non deixará indiferente a ninguén.