O CONCELLO DE CERVO AMPLÍA A REDE DE SANEMAMENTO DA PARROQUIA DE CASTELO
A obra que se está a acometer este días e que afecta aos lugares de A Langoira e O Castro, supón un investimento de preto de 50.000 euros
O Concello de Cervo está a executar estes días traballos de ampliación na rede de saneamento da parroquia de Castelo, en concreto nos lugares da Langoira e O Castro.
A rexedora, Dolores García Caramés, a tenente alcaldesa, Mali Méndez, e o edil de Zona Rural, Adrían Arias, desprazáronse ata a zona, para supervisar a actuación que supón un investimento de preto de 50.000 euros -48.338,80 euros concretamente- procedentes de fondos municipais e do fondo de compensación ambiental da Xunta de Galicia.
Caramés explicou que se trata dunha actuación importante, un avance máis para seguir a traballar na mellora da calidade de vida dos cervenses, neste caso en beneficio daqueles que viven no rural, co obxectivo de que todos e cada un dos recunchos do noso municipio dispoñan de servizos de calidade, en consonacia con medio ambiente, como neste caso; ao tempo que acondicionamos o noso rural para que sexa cada vez máis atractivo para o asentamento de nova poboación.