O CONCELLO DE CERVO ANIMA AOS VECIÑOS A REVITALIZAR AS SÚAS FINCAS COA PLANTACIÓN DE ÁRBORES FROITEIRAS

 

O salón de actos do Consistorio acolleu a entrega das diferentes especies aos veciños que as solicitaron

  • A edil de Medio Ambiente, Manuela Méndez, destaca “a importancia dun traballo conxunto e responsable, que permitirá que a nosa terra sexa cada vez máis produtiva en beneficio de todos”

A edil  de Medio Ambiente, Manuela Méndez, e o de Medio Rural, Plácido Pérez, entregaron máis de 70 árbores froiteiras aos veciños que quixeron participar neste pedido conxunto, que dende o Concello de Cervo se leva tramitando dende hai xa varios anos.

Méndez recorda que “a concienciación ambiental ocupa unha posición preeminente na nosa liña de traballo, e por iso poñemos especial énfase en iniciativas coma esta, coas que pretendemos abrir camiño aos veciños para que, nesta caso a través da plantación de árbores froiterias, as súas fincas sexan cada vez máis produtivas”.

O ter tramitado o pedido conxunto supón, ademais, un importante aforro aos veciños que solicitaron as árbores, que nesta ocasión foron fundamentalmente maceiras, perales, cerdeiras, castiñeiros e nogueiras.