O CONCELLO DE CERVO ANIMA Á VECIÑANZA A PARTICIPAR NAS CLASES DE BAILE DE SALÓN QUE PROMOVE A ASOCIACIÓN ARAMA

As persoas interesadas poden anotarse ou informarse nos teléfonos 648.033.250, 620.817.300 ou 630.864.427

  • O curso arrinca o próximo 13 de setembro ás 21:00 horas no Pavillón do CEIP Península da Paz

O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a anotarse ás clases de baile de salón que promoven a organización Arama e a Escola de Baile Hover Cross; e que terán lugar en San Ciprián.

A actividade foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, o presidente da asociación Arama (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas, e polo profesor internacional de baile de salón, Francisco Villarino.

As persoas interesadas poder inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648.033.250, 620.817.300 ou 630.864.427

O curso está previsto que arrinque o próximo 13 de setembro no pavillón do CEIP Península da Paz.

As sesións, unha á semana, serán impartidas por profesores titulados en vals, pasodobre, tango, foxtrot, merengue, cumbia, bachata, salsa e chachachá.