O CONCELLO DE CERVO APOIA A SANTI GONZÁLEZ VILLARES QUE REPRESENTARÁ A ESPAÑA NO CAMPIONATO DE EUROPA DE TIRO CON ARCO 3D

O integrante do club Iadovi foi convocado pola selección españolapara este torneo que se desputará do 24 de setembro ao 1 de outubro nalocalidade italiana de Cesana San Sicario

A rexedora e a tenente alcalde recibiron ao deportista para desexarlle sorte nesta nova fazaña nunha competición de alcance internacional “todo un orgullo para Cervo, ao que volve situarno epicentro desta disciplina a nivel estatal”

Imagen eliminada.

O Concello de Cervo apoia ao arqueiro Santi Gozález Villares que logrou ser seleccionado para representar a España no Campionato de Europa na modalidade 3D, do 24 de setembro ao 1 de outubro, na localidade italiana de Cesana San Sicario.

O arqueiro, integrante do club Iadovi, competirá, xunto con outros dous compañeiros na modalidade Arco Desnudo, formando parte da delegación española que estará conformada por unha trintena de deportistas, entre as modalidade de Campo e 3D.

A rexedora, Dolores García Caramés, e a tenente-alcalde, Mali Méndez, recibiron ao arqueiro para desexarlle sorte nesta fazaña “nunha competición de alcance internacional que sitúa a Cervo como epicentro desta disciplina a nivel estatal”.

Aproveitaron para darlle os parabés pola incrible tempada que está realizando un ano máis“todo un orgullo para Cervo” e  animáronno a desfrutar dunha experiencia única “que moi poucos deportistas conseguen facer realidade”.