O CONCELLO DE CERVO APOIA UN NOVO PLAN DE ACCIÓN DE ALCOA PARA MELLORAR A CONTORNA DA CAPELA DO GUIONCHO, EN LIEIRO

plan lieiro

 A Asociación da Comisión de Festas de Santa Isabel de Lieiro, en colaboración con voluntarios e voluntarias de ALCOA, levou a cabo unha nova actuación enmarcada no Plan de Acción de Alcoa.

A Asociación da Comisión de Festas de Santa Isabel de Lieiro, en colaboración con voluntarios e voluntarias de ALCOA, levou a cabo unha nova actuación enmarcada no Plan de Acción de Alcoa.

 Nesta ocasión, os traballos centráronse no acondicionamento da entrada da Capela do Guioncho, situada na parte alta do campo da festa. As persoas participantes encargáronse da limpeza da zona de acceso e das escaleiras que conducen á capela, así como da colocación de grava para mellorar a seguridade e facilitar o tránsito. Ademais, plantáronse diversas especies de temporada para embelecer a contorna.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata o lugar e acompañou ás persoas participantes nesta iniciativa

  agradecendo a implicación da Comisión de Festas de Santa Isabel de Lieiro e dos voluntarios e voluntarias de ALCOA, que, coa súa colaboración, contribúen á conservación e mellora dos espazos comúns e dos lugares de encontro da veciñanza.