O CONCELLO DE CERVO CAMIÑA UNIDO NA LOITA CONTRA O CANCRO DE MAMA

andaina cancro

Esta tarde celebramos en Cervo unha andaina moi especial, compartindo pasos, ilusión e esperanza nunha xornada de apoio á loita contra o cancro de mama

Esta tarde celebramos en Cervo unha andaina moi especial, compartindo pasos, ilusión e esperanza nunha xornada de apoio á loita contra o cancro de mama

 Desde o Concello de Cervo, queremos agradecer de corazón a todas as persoas que participastes nesta andaina, pola vosa presenza, implicación e solidariedade. Grazas por sumarvos a esta causa e por demostrar que, camiñando xuntos, podemos dar visibilidade a unha loita que nos une a todos e todas.

 A actividade rematou coa creación dun pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, unha fermosa maneira de simbolizar esta xornada, a loita e a esperanza.

 Queremos facer tamén un agradecemento moi especial a Mulleres de San Ciprián  polo cariño e a dedicación que puxeron na decoración da cafetaría da Casa do Mar, creando un ambiente moi especial, en tons rosas, no que compartimos unha merenda ao remate da andaina. Grazas por contribuír a que esta tarde fose aínda máis bonita e significativa.

 Iremos subindo máis fotografías desta tarde tan especial para compartir con todos e todas os momentos vividos.

 Grazas por camiñar con nós, por colaborar e por formar parte desta iniciativa. 

En Cervo, seguimos camiñando xuntos na loita contra o cancro de mama