O CONCELLO DE CERVO CELEBRARÁ NO MES DE SETEMBRO O FESTIVAL DE NARRACIÓN ORAL “DE COBO A XUNCO”

DE cobo a xunco

Este festival itinerante levará contos e historias cada venres a diferentes lugares e parroquias do municipio, cunha programación pensada para persoas de todas as idades que arrincará o 5 de setembro

O Concello de Cervo vén de presentar o Festival de Narración Oral “De Cobo a Xunco”, que se celebrará ao longo do mes de setembro, cada venres, en distintas parroquias e lugares do municipio. Na presentación participaron a alcaldesa, Dolores García Caramés e Carmen Conde e de Diego Gallego, en representación da compañía Tarabela Creativa, de quen partiu a idea orixinal da proposta.

“De Cobo a Xunco” toma o nome dos dous ríos cervenses —o Cobo e o Xunco— que percorren o municipio ata atoparse co mar, simbolizando o camiño compartido das historias que unen ás persoas e á cultura local. Este festival pretende programar a grandes profesionais da narración oral galega para o publico infantil e adulto, e crear unha competición sana entre ambos ríos nunha gala final que se celebrará no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián, o venres 26 de agosto, ás 22:00 horas, que contará con Carmen Conde como embaixadora do Río Cobo e con Caxoto como embaixador do Río Xunco; ademais de Lupe Blanco e Alba María que regueifando cada unha en representación dun río; o público asistente escollerá cos seus aplausos que río é o gañador.

Tamén haberá un recoñecemento a un persoeiro/a da Cultura de Cervo.

A alcaldesa Dolores García Caramés quixo poñer en valor esta iniciativa que aposta pola tradición oral como ferramenta de expresión, convivencia e memoria, ao tempo que animou a toda a veciñanza a participar nas diferentes sesións previstas.

Quixo agradecer especialmente á compañía Tarabela Creativa a proposta orixinal do festival, unha idea que recolle o espírito creativo e participativo de Cervo.

A continuación inclúese a programación completa do festival:

Imagen eliminada.VENRES 5 de setembro

REGATO (público infantil) – 17:00 h

Escolas vellas de Cervo

Da man de Caxoto

RÍO (público adulto) – 22:00 h

Local social de Trasbar

Da man de Dani Blanco

Imagen eliminada. VENRES 12 de setembro

REGATO (público infantil) – 17:00 h

Escolas vellas de Rúa

Da man Brais das Hortas

RÍO (público adulto) – 20:00 h

Local social de Lieiro

Da man de Paula Carballeira

Imagen eliminada.VENRES 19 de setembro

REGATO (público infantil) – 17:00 h

Local social da Senra

Da man de Marta Ortiz

RÍO (público adulto) – 22:00 h

Antigas Carboeiras de Sargadelos

Da man de Soledad Felloza

Imagen eliminada.VENRES 26 de setembro O PECHE

RÍA (público adulto) – 22:00 h

Gala final no auditorio da Casa da Cultura

Da man de Carmen Conde (Embaixadora do Río Cobo)

E Caxoto (Embaixador do Río Xunco)

Ademais de Lupe Blanco e Alba María, regueifando representando cada unha un río