O CONCELLO DE CERVO CELEBROU A ÚLTIMA CHARLA DA TEMPADA DO PROGRAMA ARRUGUIÑAS CHARLANDO

A psicóloga Carmen Breijo, da Fundación Degén, ofreceunos un espazo de reflexión, aprendizaxe e orientación, achegando ferramentas para afrontar os retos emocionais asociados a estas enfermidades.

Pechamos tempada do programa Arruguiñas cunha cita moi especial

Este luns celebramos unha nova edición de Arruguiñas Charlando, actividade que puxo o broche final ao **Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal** cunha interesante charla sobre:

 **“A xestión emocional das enfermidades neurodexenerativas”**

A psicóloga Carmen Breijo, da Fundación Degén, ofreceunos un espazo de reflexión, aprendizaxe e orientación, achegando ferramentas para afrontar os retos emocionais asociados a estas enfermidades.

A xornada contou tamén coa presenza do concelleiro Alfredo Fernández, que acompañou esta iniciativa e puxo en valor a importancia de crear espazos de participación, coidado e benestar para as nosas persoas maiores.

Grazas á Asociación de Xubilados Terramar e á Fundación Degén pola súa colaboración, e a todas as persoas asistentes por formar parte desta actividade.

 Seguimos traballando por un envellecemento activo, saudable e participativo.