O CONCELLO DE CERVO COLABORA COA SOCIEDADE DEPORTIVA CANDELARIA NA POSTA A PUNTO DO CAMPO DA GRANDA

Villares e Soto aplaudiron o gran labor que desenvolven os membros da directiva “que dedican moitas horas do seu tempo ao coidado e mantemento das instalacións que presentan unha imaxe impecable”

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, visitaron o Campo da Granda, en Rúa.

Alí reuníronse co presidente da Sociedade Deportiva Candelaria, Benedicto García, e puideron ver en funcionamento a máquina de pintado de céspede que se vén de adquirir con fondos municipais.

Villares e Soto aplaudiron o gran labor que desenvolven os membros da directiva “que dedican moitas horas do seu tempo ao coidado e mantemento das instalacións que presentan unha imaxe impecable”.