O CONCELLO DE CERVO CONVIDA A VECIÑOS E VISITANTES A DESFRUTAR DO SAN XOÁN DE SAN CIPRIÁN DA MAN DO GRUPO A REBOLAXE
Na cita, que conta coa colaboración do Concello de Cervo, haberá música en directo, sorteo dunha paleta de porco, hamburguesas á parrilla, bocadillos e a tradicional fogueira de San Xoán.
A actividade celebrarase o martes 23 de xuño, a partir das 19:45 horas, no aparcadoiro do estanco da Praia do Torno.
Na cita, que conta coa colaboración do Concello de Cervo, haberá música en directo, sorteo dunha paleta de porco, hamburguesas á parrilla, bocadillos e a tradicional fogueira de San Xoán.
A actividade celebrarase o martes 23 de xuño, a partir das 19:45 horas, no aparcadoiro do estanco da Praia do Torno.
O Concello de Cervo anima á veciñanza e aos visitantes a participar na tradicional Festa de San Xoán de San Ciprián, organizada polo grupo A Rebolaxe, que terá lugar o martes 23 de xuño no aparcadoiro do estanco da Praia do Torno.
A programación dará comezo ás 19:45 horas coa actuación de Cuarteto Illa Pancha. Ademais, durante a tarde celebrarase o sorteo dunha paleta de porco. A partir das 20:00 horas haberá hamburguesas á grella e bocadillos de touciño e chourizo á venda para todas as persoas asistentes.
Xa pola noite, ás 21:30 horas, será o concerto de Mi Rollo es el Rock, e á medianoite (00:00 horas) prenderase a tradicional fogueira de San Xoán, un dos momentos máis agardados da celebración.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, presentou o evento acompañada do concelleiro Alfredo Fernández e de membros do grupo A Rebolaxe, organizador da festa.
A rexedora quixo salientar a importancia de manter vivas estas celebracións populares e agradecer o compromiso e o traballo do colectivo organizador, que un ano máis fai posible esta cita tan especial para San Ciprián. Ademais, animou á veciñanza e aos visitantes a participar nesta noite máxica, pensada para desfrutar en comunidade, con música, gastronomía e tradición.
O evento está organizado polo grupo A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo.