O CONCELLO DE CERVO ESCENARIO DO PRIMEIRO ESCAPE ROOM DE XOGAL DA TEMPADA
A xornada comezou na Praza do Souto, onde equipos de todas as idades desfrutaron dunha experiencia diferente, mesturando xogo, historia e patrimonio.
Cervo converteuse hoxe nun escenario de aventura!
Esta mañá vivimos o escape room ao aire libre de XOGAL, impulsado polo GDR Terras de Miranda, unha actividade chea de emoción, retos e aprendizaxe na que os participantes puideron descubrir o legado de Sargadelos a través de pistas e enigmas.
A xornada comezou na Praza do Souto, onde equipos de todas as idades desfrutaron dunha experiencia diferente, mesturando xogo, historia e patrimonio.
Na entrega de premios participaron a alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Alfredo Fernández.
Parabéns á organización por esta proposta tan especial e grazas a todas as persoas participantes. Agardamos que desfrutárades moito desta aventura e do noso Concello deste xeito tan particular!