O CONCELLO DE CERVO FELICITA A MULLERES DE SAN CIPRIÁN POLO SEU PROXECTO ACTIVA A TÚA MENTE

Unha iniciativa significativa, pensada por e para mulleres, que se celebrou este mércores na Casa do Mar e que contou coa participación de arredor de medio cento de mulleres.

Dende o Concello de Cervo queremos felicitar á Asociación de Mulleres de San Ciprián polo éxito do seu proxecto “Activa a túa mente”, seleccionado pola Fundación Alcoa con motivo do Día Internacional da Muller 

Unha iniciativa significativa, pensada por e para mulleres, que se celebrou este mércores na Casa do Mar e que contou coa participación de arredor de medio cento de mulleres.

 Durante a xornada desenvolveuse, entre outras actividades, unha charla de estimulación cognitiva, poñendo en valor a importancia do benestar mental.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañou ás participantes neste encontro, no que tamén estivo a concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada; e por parte de Alcoa, Zaloa Blanco, e Eva Fernández de la Calle e Carmen Rial, líderes de AWN, rede de mulleres de Alcoa San Ciprián, destacando que

“este tipo de iniciativas son fundamentais para fomentar o benestar, a participación e o empoderamento das mulleres no noso concello”.

Ademais, a asociación recibirá unha doazón en recoñecemento ao interese e valor do proxecto, que servirá para seguir impulsando novas actividades Imagen eliminada.

Queremos destacar o importante papel que desempeña esta asociación no noso concello, promovendo iniciativas que fortalecen a participación, a igualdade e o desenvolvemento persoal das mulleres.