O CONCELLO DE CERVO FIXO ENTREGA DOS CHEQUES DAS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR DIRIXIDOS A ALUMNOS DE INFANTIL DO CEIP CERVO Nº1
As axudas, adicadas a apoiar ás familias nun tema prioritario como a educación, foron dun máximo de 130 euros por neno, en función da renda familiar

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Cultura e Educación, Dolores García Caramés, fixeron entrega dos cheques das axudas destinadas a adquisición de libros e material escolar ás familias do alumnado de Educación Infantil (2º ciclo) do CEIP Cervo Nº1.
Tal e como apuntou o rexedor, xa levamos varios anos dispoñendo unha partida orzamentaria para cubrir este tramo educativo, que era o único que non contaba con ningún tipo de axuda pública.
Tal e como sinalou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, “o fin desta liña de axudas é o de apoiar ás familias e priorizar e potenciar unha área fundamental como é a educación”.