O CONCELLO DE CERVO MELLORA UN DOS CAMIÑOS MÁIS TRANSITADOS DA CONTORNA DE SARGADELOS CUN INVESTIMENTO QUE SUPERA O 32.000 EUROS PROCEDENTES DOS FONDOS AGADER
O CONCELLO DE CERVO MELLORA UN DOS CAMIÑOS MÁIS TRANSITADOS DA CONTORNA DE SARGADELOS CUN INVESTIMENTO QUE SUPERA O 32.000 EUROS
A OBRA RESPONDE AO PLAN MARCO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2020-2021, COFINANCIADO CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (Feader) AO ABEIRO DO PROGRAMA DE DESENVOLVMENTO RURAL DE GALICIA 2014-2020
En concreto, a actuación, que comprende o camiño entre o cruce da Casa da Administración e a Ponte Rego de Sargadelos, foi valorada en 32.306,87 euros
Tal e como explicou a edil de Obras, Mali Méndez, os obxectivos desta actuación, responden a mellorar o estado do pavimento do vial, conseguindo unha óptima evacuación e drenaxe das augas pluviais, mellorando a seguridade da zona coa colocación de sinalización vertical.
De tal xeito que -engade- melloramos un camiño público municipal do rural, facendo máis cómodo, seguro e accesible para os viandantes.