O CONCELLO DE CERVO PROGRAMA PARA ESTE SÁBADO UNHA ACTIVIDADE DE NARRACIÓN ORAL PARA OS MÁIS PEQUENOS

  • Leva por título “Carmiña miudiña, a pinga que quería ser científica” e está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 11 anos
  • Será na Biblioteca de Cervo, este sábado 10 de xuño, ás 19:30 horas

O Concello de Cervo programa para o vindeiro sábado 10 de xuño unha actividade de narración oral para os máis pequenos que leva por título “Carmiña miudiña, a pinga que quería ser científica”.

Será na Biblioteca de Cervo, ás 19:30 horas, e está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 11 anos.

É unha actividade organizada pola delegación de Cultura, englobada no programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia.

Argumento                                                                    

Carmiña é unha pinga de auga moi miudiña. Ela de maior quere ser científica, como a súa avoa Filiberta. O día do seu aniversario, a súa avoa agasállalle un paracaídas para poder baixar ao mundo dos humanos. No camiño, diferentes elementos da natureza fan que percorra o ciclo da auga.