O CONCELLO DE CERVO PROTAGONISTA NOS PLANES CON CORAZÓN DA MANCOMUNIDADE
Na iniciativa que tivo lugar a fin de semana participou a tenente de alcaldesa Mali Méndez.
Os Plans con Corazón da Mancomunidade da Mariña chegaron esta fin de semana ao noso Concello.
Baixo o título "Parroquia de Lieiro, onde se unen o liño e o mar". Fixeron un paseo por Lieiro para descubrir a súa historia vinculada á produción de liño. Ademais, visitaron tamén o Museo do Mar.
Na iniciativa participou a tenente de alcaldesa Mali Méndez.