OS PRIMEIROS AUXILIOS PROTAGONIZAN UN NOVO PLAN ACCIÓN DE ALCOA EN CERVO

plan acción espalladoras

 Durante a xornada, as persoas participantes puideron coñecer pautas e recomendacións básicas para saber como actuar ante diferentes situacións de emerxencia, adquirindo coñecementos prácticos e de grande utilidade para o día a día.

 

As Espalladoras Rúa  organizaron unha interesante charla de primeiros auxilios nas Escolas Vellas de Rúa, impartida polo médico anestesista Francisco Muñoz González, do Hospital Público da Mariña, ao abeiro do novo Plan de Acción de Alcoa.

 Durante a xornada, as persoas participantes puideron coñecer pautas e recomendacións básicas para saber como actuar ante diferentes situacións de emerxencia, adquirindo coñecementos prácticos e de grande utilidade para o día a día.

 A actividade permitiu achegar información esencial sobre primeiros auxilios nun ambiente participativo, poñendo en valor a importancia de contar con ferramentas para responder adecuadamente ante posibles situacións de urxencia.

 A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, tamén se achegou ata as Escolas Vellas de Rúa, xunto á concelleira Mali Méndez, para acompañar aos participantes e coñecer de primeira man o desenvolvemento desta iniciativa.

Desde o Concello de Cervo queremos poñer en valor a implicación das mulleres rurais As Espalladoras na organización de propostas formativas de interese para a veciñanza, así como agradecer ao doutor Francisco Muñoz González a súa colaboración e disposición para compartir os seus coñecementos.

 Unha nova iniciativa que, ao abeiro do Plan de Acción de Alcoa, contribúe a dinamizar a vida asociativa e a promover actividades útiles para a comunidade.

Parabéns pola iniciativa! 

plan acción espalladoras