A PARROQUIA DE SAN ROMÁN CELEBRARÁ O ENTROIDO O SÁBADO, 9 DE MARZO

A cita, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, coa colaboración do Concello de Cervo, será ás 22:30 horas no Pavillón

  • Hai máis de 1.500 euros en premios para os mellores disfraces
  • A orquestra La Ocaband amenizará a Festa

A parroquia de San Román celebrará o Entroido o sábado 9 de marzo.

A cita, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o edil de Medio Rural, Plácido Pérez; e por representantes das Espalladoras e da Asociación de Montes Veciñais de San Román, que tamén colabora no evento.

A Festa será a partir das 22:30 horas no Pavillón e estará amenizada pola orquestra La Ocaband.

Repartiranse máis de 1500 euros en premios para os mellores disfraces, nas categorías infantil individual, parella e grupo; e adultos individual, parella, grupo, comparsa e charanga.

A inscrición pode facerse chamando ao teléfono 656 272 802.