A SECCIÓN DE VOLEI DO CLUB DEPORTIVO SAN CIPRIÁN PORTOU BRAZALETES VERDES POLO DÍA MUNIDIAL DE LOITA CONTRA O CANCRO

Aínda que a xornada se conmemorou o pasado 4 de febreiro, esta fin de semana foron os equipos cadete e xuvenil feminino os que quixeron amosar o seu apoio no partido disputado na cancha do Narón Volea, portando brazaletes verdes e unha mensaxe de solidariedade e concienciación.

O deporte tamén xoga en equipo contra o cancro

A sección de voleibol do CLUB DEPORTIVO SAN CIPRIÁN sumouse á campaña polo Día Mundial contra o Cancro, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro.

Aínda que a xornada se conmemorou o pasado 4 de febreiro, esta fin de semana foron os equipos cadete e xuvenil feminino os que quixeron amosar o seu apoio no partido disputado na cancha do Narón Volea, portando brazaletes verdes e unha mensaxe de solidariedade e concienciación.

Porque cada xesto conta e porque o deporte tamén é unha ferramenta para apoiar, visibilizar e loitar xuntos. 

Boa iniciativa!