O CONCELLO DE CERVO ANIMA A ASISTIR AO II FESTIVAL DO GUIONCHO QUE TERÁ LUGAR O 21 DE DECEMBRO NA PRAZA DOS CAMPOS

II FESTIVAL DO GUIONCHO

O cartel inclúe ao Grupo Beatriz, á orquestra Waykas e a DJ Pablo Conxuro e a entrada por un prezo de 10 euros pode adquirirse nos locais comerciais ou ese día en taquilla a partir das 18:00 horas

A apertura de portas está prevista para as 22:00 horas e o evento será nunha carpa e haberá servizo de buses para desprazarse ao Festival

A cita está organizada pola asociación cultural Comisión de Festas de Lieiro, coa colaboración da Administración local

 

O Concello de Cervo anima a asistir ao II Festival do Guioncho que terá lugar, da man da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, o sábado 21 de decembro nunha carpa instalada na Praza dos Campos.

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por unha representación da asociación que se encarga do evento  que contará coas actuacións o Grupo Beatriz, a orquestra Waykas e con DJ Pablo Conxuro, como peche de festa.

A entrada anticipada por un prezo de 10 euros pode adquirirse nos locais comerciais ou ese mesmo día en taquilla a partir das 18:00 horas. Parte da recadación pola venta de entradas irá destinada á Asociación Lucense de Esclerose Múltiple.

Haberá tamén servizo de autobuses para desprazarse ata o Festival e diferentes sorteos e sorpresas durante o evento; entre elas o sorteo dunha escapada de fin de semana e dunha bicicleta a través da numeración das entradas.

Desde o Concello de Cervo convidan a veciños e visitantes a desfrutar desta Festa que marcará nesta segunda edición o inicio do Nadal.