Durante séculos, San Ciprián mantivo unha grande actividade no seu porto e fondeadoiro, posiblemente dende os principios da humanidade, posto que sabemos que este lugar estivo habitado na prehistoria por asentamentos que, xa daquela, consumían produtos do mar. Antigamente o chamado porto era en realidade un abrigado fondeadoiro para buques de mediado porte formado polo illote Anxuela e a península de San Ciprián. A partir dos anos 30 comezan as obras portuarias, rematando a construción do peirao nos anos 40. Este apartado pode axudarte a coñecer algo máis do noso porto pesqueiro.
As confrarías de pescadores son institucións cunha profunda tradición histórica en Galicia, ata o punto de que os primeiros antecedentes que se coñecen se remontan ao século XIII. Estas entidades pasaron dende entón por diferentes vicisitudes que as fixeron evolucionar ao longo do tempo para adaptarse ás necesidades tanto económicas coma laborais que ían xurdindo no país. Nesta sección poderás consultar o máis salientable da historia e da actualidade da Confraría de San Ciprián.
Nas táboas deste bloque pódense consultar diferentes datos e terminoloxías relacionadas co mundo mariño, as súas comunicacións e meteoroloxía.
Todos os enlaces que poden resultar de interese para as persoas relacionadas co sector pesqueiro ou marítimo, así como para todas aquelas persoas que gozan da pesca e da navegación deportiva e de recreo.