Plenos

 

 

É o órgano colexiado do debate das grandes políticas locais que afectan ao municipio e de adopción das decisións estratéxicas. Entre as súas atribucións atópanse a fiscalización e control dos órganos de goberno, a elección e destitución do alcalde, a aprobación e modificación das ordenanzas e regulamentos municipais, a aprobación dos orzamentos, os acordos relativos á delimitación e alteración do termo municipal, a determinación das formas de xestión dos servizos e os acordos de participación en organizacións supramunicipais.