Introdución
O Concello de Cervo concédelle unha importancia estratéxica á programación das súas accións ambientais destinadas á preservación dos recursos e bens naturais do termo municipal e á xeración de novas actitudes cidadás que permitan un desenvolvemento local sostible.
Apostamos de forma decidida pola compostaxe como método de eliminación e redución de residuos dende xuño de 2010, cando pasamos a formar parte dun progama piloto de compostaxe levado a cabo por SOGAMA e ao que decidimos darlle continuidade a través de fondos propios municipais.
A recollida selectiva forma parte das nosas vidas e rutinas cotiás dende hai moitos anos. Neste tipo de recollida sepáranse os residuos en función da súa clase e desposítanse nos contenedores correspondentes. Este sistema require un elevado grao de concienciación e colaboración cidadá para funcionar. En España adoptouse un código de cores unificado para os contedores. Así o establece o Plan Nacional de Residuos Urbanos:
Contedor verde para o vidrio.
Contedor azul para o papel e cartón.
Contedor amarelo para os envases.
Coñece a cantidade de residuos urbanos xerados no Concello de Cervo e o servizo de recollida dos mesmos, así como o precorrido da bolsa negra dende o colector xenérico ata a súa chegada a planta de SOGAMA (Cerceda). Tamén podes consultar a distribución dos colectores xenéricos ao longo da xeografía municipal.
A separación de residuos nos fogares é unha práctica habitual entre a poboación dende hai xa moitos anos, na que o lixo distribúese en diferentes bolsas en función da súa clase, atendendo a unhas regras básicas, e desposítanse nos colectores correspondentes. Este sistema require un elevado grao de concienciación e colaboración cidadá para funcionar. Entra nesta sección e coñece os diferentes colectores e os tipos de residuos que se poden depositar nos mesmos.
A separación dos residuos nas vivendas é unha práctica habitual entre a poboación dende hai moitos anos, na que os residuos se distribúen en diferentes bolsas segundo a súa tipoloxía, seguindo unhas normas básicas, e se depositan nos contedores correspondentes. Este sistema require un alto grao de concienciación pública e colaboración para funcionar. Entra neste apartado e coñece os diferentes contedores e os tipos de residuos que se poden depositar neles.
Case a metade do lixo que xeramos nas nosas vivendas está formado por materia orgánica, cuxo destino habitual son os contedores xenéricos, no que tamén deben ser depositados os materiais non reciclables. Nas zonas rurais existe a posibilidade de transformar esta materia orgánica en compost, un fertilizante natural con excelentes propiedades para o solo. Ao levar a cabo esta práctica contribúese co medio ambiente, xa que se reduce a cantidade de lixo a xestionar, e pola outra conséguese un aforro económico para as arcas municipais, xa que ao diminuír o número de quilos a recoller tamén o fai o pagamento mensual que se fai a SOGAMA polo tratamento dos residuos.
Os puntos de recollida son lugares estratéxicos deseñados para facilitar a entrega e a clasificación eficiente dos materiais reciclables. Estes puntos serven de centros de recollida onde os cidadáns poden depositar os seus materiais, que logo son recollidos e transportados a instalacións especializadas.
Os enseres son todos aqueles utensilios, mobles ou instrumentos de uso doméstico ou profesional. A prestación do servizo de recollida de enseres inclúe a recollida, o depósito, o transporte e o tratamento dos residuos tanto sólidos coma líquidos, respecto daqueles que se consideren admitidos na ordenanza. Dende o Concello de Cervo realízase a recollida dos enseres previa solicitude de recollida tramitada por parte dos usuarios. Esta recollida realízase dous xoves alternos ao mes e a cota tibutaria ven determinada por unhas tarifas aplicables en función da clase de materiais admisibles para os que se solicite a súa recollida. (ordenanza fiscal nº 9).
A diversidade biolóxica fai referencia á ampla variedade de seres vivos sobre a Terra e os patróns naturais que a conforman, resultado de miles de millóns de anos de evolución segundo procesos naturais e tambén da influencia crecente das actividades do ser humano. A biodiversidade comprende igualmente a variedade de ecosistemas e as diferenzas xenéticas dentro de cada especie que permiten a combinación de múltiples formas de vida, e cuxas mutuas interaccións co resto do contorno fundamentan o sustento da vida sobre o planeta.
As estacións depuradoras de augas residuais desempeñan un papel crucial no tratamento de augas residuais para garantir que os efluentes vertidos ao medio ambiente cumpran os estándares de calidade. Estes complexos sistemas utilizan tecnoloxías avanzadas para eliminar contaminantes e mellorar a calidade da auga antes de devolvela aos ríos ou aos corpos receptores.
Poñemos á vosa disposición todas as ligazóns necesarias para estar informados sobre os temas medioambientais.